Book Information
ISBN13 | 9788494930492 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 126 | |
Data de publicación | 12-2018 | |
Categories: | Narrativa, Novela, Novidades | |
Author: | Xurxo Esquío |
13,00€
Nun futuro dacabalo entre a utopía e a distopía, Brigantia é un estado máis dentro da Federación Ibérica. Mais as cousas nunca saen a gusto de todo o mundo. As hostes ultraconservadoras da IGUAL, lideradas polo ínclito Xurxorius, pugnan por volver aos tempos de Fúrancho Franco Bacaloura. O seu primeiro movemento será secuestrar dúas rapazas moi ben relacionadas…
Out of stock
ISBN13 | 9788494930492 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 126 | |
Data de publicación | 12-2018 | |
Categories: | Narrativa, Novela, Novidades | |
Author: | Xurxo Esquío |
Ponferrada, 1973. Residiu no Barco de Valdeorras ata o ano 2001 no que se traslada á Estrada. É diplomado en ciencias empresariais pola USC (Campus de Lugo).
Foi o letrista e compositor do grupo barquense Micropuntos, co cal editou varias maquetas e acadou un contrato de edición discográfica coa Tipo. É o letrista e compositor do grupo de rock Esquíos, co que publicou oito discos até o momento, dous dos cales foron gravados e producidos por el mesmo, sendo tamén o responsable do deseño das portadas e camisolas.
Ten colaborado e colabora con diversos medios (Dot Galicia, Dioivo, Mentesdeacido, Rockisome...). Foi escollido como colaborador pola revista Popular 1, aínda que non chegou a escribir nin unha liña por desacordos sobre a temática a escribir.
Tivo o seu proprio blogue sobre actualidade musical e tamén programa de radio (emitido en Radio Filispim) chamado Rockisome.
Gañou o I Certame de microrrelatos da Asociación Kenkeirades e o de Relato Curto de Lermos.gal (2016).
En 2016 publicou súa primeira novela, O autostopista (Lulu.com). Actualmente traballa como funcionario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Fonte: web da AELG
Nun futuro dacabalo entre a utopía e a distopía, Brigantia é un estado máis dentro da Federación Ibérica. Mais as cousas nunca saen a gusto de todo o mundo. As hostes ultraconservadoras da IGUAL, lideradas polo ínclito Xurxorius, pugnan por volver aos tempos de Fúrancho Franco Bacaloura. O seu primeiro movemento será secuestrar dúas rapazas moi ben relacionadas…
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
Reviews
There are no reviews yet.