Após o noso paso polo Culturgal, e logo do parón deste mes polo noso respecto aos cristiáns e os seus ritos, volvemos poñernos en marcha e imos participar nun evento musical-cultural ao xeito dos nosos vellos amigos do Rock Is Dead. Dun xeito semellante ao RID, esta primeira edición do Negro Círculo Minhoto valerase da música como eixe central dun encontro de diferentes activos (e actividades) culturais.
A data é o sábado 2 de febreiro no Parque Náutico de Castrelo de Minho, cun programa que, polo de agora, consta de:
12:00 horas: apertura de portas e mercadinho
12:30 horas: XERIÓN em formato acústico (pra tudas as idades)
14:00 horas: jantar
17:00 horas: faladoiro sobre fantasia em galego (Contos Estranhos)
18:00 horas: VRK (Negro Metal da Morte)
19:00 horas: SORDIDA NOX (Black Doom Noise)
Se queredes máis info sobre o evento, podedes consultalo no Facebook –> Páxina do evento no Facebook