Book Information
ISBN13 | 9788412288346 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 134 | |
Data de publicación | 09-2021 | |
Category: | Novidades | |
Author: | Xosé María Álvarez Cáccamo |
16,00€
Medos instintivos ou aprendidos, temores de base irracional ou de fundamento obxectivo, pánico e angustia, conforman unha parte do catálogo de variacións sobre o sentimento central que motivou a elaboración da escolma Un terror de auga fría, diferenzas marcadas tamén por claves de cerna cultural e condicionadas pola opción estética dos sucesivos períodos históricos e xeracionais.
A selección textual, realizada a partir do corpus da poesía galega desde o Rexurdimento e até hoxe mesmo, reúne un conxunto significativo e variado de poemas que expresan o sentimento do medo e non repara nin na maior ou menor importancia do papel histórico dos poetas escollidos nin na diferente consideración crítica que tales autores e autoras teñan atinxido. O antólogo cre que todos os poemas incluídos en Un terror de auga fría achegan unha visión singular e un alto valor estético e comunicativo. A razón fundamental da exclusión de determinados poetas que, con toda probabilidade, se botarán en falta, é a ausencia ou unha referencia mínima, sen valor significativo do campo semántico do Medo na súa escrita poética. A eles e a elas, como ao antólogo no labor de escolla, asístelles o dereito á liberdade de seleccionar entre as materias da experiencia e da cultura aquelas que máis propicias e necesarias resulten para a construción das poéticas propias.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
Reviews
There are no reviews yet.