Selección para ‘Visitantes de alén da morte’

Ben, pois xa están aquí os relatos, poemas e ilustracións seleccionados para o novo número da revista. Repetimos o mesmo que en anteriores ocasións: vaia por diante a nosa gratitude a toda a xente que enviou os seus traballos. Recoñecemos que todo texto leva o seu esforzo e tempo e nada nos gustaría máis que poder publicar todo o material que nos chega, mais o espazo da revista é limitado e con esa limitación temos que xogar.

Continuamos coa nosa teima de promover todas as artes friquis: relatos, ilustracións e poemas. Veredes que neste número hai un ascenso marabilloso no número de poemas e esperamos que se manteñan as ganas que a poesía ten de nós, porque nós temos moitas ganas de poesía. Volvemos ter outro junior, desta volta Pablo Ares Otero, un cativo de 9 anos que colabora cunha ilustración onde nos amosa o que é para el a morte e o terrorífico.

Eis o material seleccionado:

Relato

Francisco Cortez-Lobao –  A boca aberta
Guillermo Rodicio – O Destilador
David Botana – O home de pé
Vanesa Santiago – Sete anos menos un día
Carlos Vega – Est’ce que les esprits reviennet
Manoel da Costa – O conto do Arghimiro
Tomás Rivera – O verán que fomos Os Goonnies
Manuel Moledo – Ofiusa
Manuel Gayoso – Memoria de cemiterio
Marcos López Concepción –

Ilustración

Alba Rozas Arceo
Manoel da Costa
Pablo Ares Otero
Jorge del Oro

Poesía

Tiago Alves Costa – O escritor assassino
Arantxa Serantes – Hammura
Juan Manuel Vázquez – Derradeira saudade na lua lânguida
Maite Mosconi – O enterrador
Rosi Sarmiento – Os silentes
Sergio Fernández – O crisol das almas
Miguel Á. Alonso Diz – Chamamento ós mortos
Ramiro Torres – Apariçao

Espalla o mal