Entrevista a Violeta González

Quen es e que relación tes coa literatura e, sobre todo, no eido da fantasía?

Chámome Violeta e desde hai xa un tempo escribo relatos, tanto de ciencia ficción como doutros temas. Comecei escribindo relatos de medo, e aínda que non terminei ningún, sempre gustei de contarme historias a min mesma como se fose unha novela, facendo descricións de personaxes e lugares na miña mente.

Por que enviaches un relato a Contos Estraños?

Enviei o relato sobre todo porque me encantaría que outra xente ademais da familia lese os meus relatos, e así tamén expresar o que penso a través da literatura.

Cales son os teus gustos literarios e artísticos?

Encántame, ademais de escribir relatos e poesía, debuxar, pintar,  sacar fotos e tocar o violín.
En canto ao que me gusta ler, gusto moito de ler datos, como de biografías ou ciencias, e ás veces, obras de teatro.

Cal é a túa opinión da situación actual da literatura galega?

Non teño unha opinión formada, xa que aínda estou entrando nestes mundos e non coñezo suficiente como para poñer unha resposta decente.

Que pensas que se podería facer para mellorar dita situación?

Ehhh…

Que agardas acadar coa publicación do teu texto en Contos Estraños?

Pois que a xente o lea e así se fomente tanto a lectura como a opinión.

Algún comentario con toda liberdade?

Comentario: con toda liberdade.

Espalla o mal