Xurxo Esquío

Xurxo Esquío

Ponferrada, 1973. Residiu no Barco de Valdeorras ata o ano 2001 no que se traslada á Estrada. É diplomado en ciencias empresariais pola USC (Campus de Lugo).

Foi o letrista e compositor do grupo barquense Micropuntos, co cal editou varias maquetas e acadou un contrato de edición discográfica coa Tipo. É o letrista e compositor do grupo de rock Esquíos, co que publicou oito discos até o momento, dous dos cales foron gravados e producidos por el mesmo, sendo tamén o responsable do deseño das portadas e camisolas.

Ten colaborado e colabora con diversos medios (Dot Galicia, Dioivo, Mentesdeacido, Rockisome…). Foi escollido como colaborador pola revista Popular 1, aínda que non chegou a escribir nin unha liña por desacordos sobre a temática a escribir.

Tivo o seu proprio blogue sobre actualidade musical e tamén programa de radio (emitido en Radio Filispim) chamado Rockisome.

Gañou o I Certame de microrrelatos da Asociación Kenkeirades e o de Relato Curto de Lermos.gal (2016).

En 2016 publicou súa primeira novela, O autostopista (Lulu.com). Actualmente traballa como funcionario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Fonte: web da AELG

Amosando o único resultado