Novo selo ‘666 enxendros’

Aproveitando a cita anual co Culturgal, sacamos dúas novidades dentro da nosa liña de novela. Xa sabedes que, ademais do Apalpador, a revista e a nova liña xuvenil ‘10.000 MUTANTES!’, sempre gustamos de dar a oportunidade á xente que colabora con relatos para que promocione á liga da narrativa.

Nesta ocasión, temos dúas estreas. Por unha banda, o gañador do certame literario que organizáramos no seu momento en Lermos.gal, Xurxo Esquío, chega coa súa segunda obra, ‘O secuestro de Brigantia’ e, pola outra, unha das tres patas de Contos Estraños, Tomás González Ahola, atrévese a ilustrarnos sobre o que é sentir medo, dar noxo, ter moito vicio e como morrer con estilo no seu ‘Manual de medo, noxo, vicio e morte’.

Ambas as dúas novelas inauguran a nova liña ‘666 enxendros’ na que irá a narrativa enfocada a adultos e que complementa a liña ‘10.000 MUTANTES!’ que diriximos aos frikis do futuro.

Esperemos que gocedes (ou mellor, non) coa súa lectura e que nos gardedes un oco no voso escaso tempo de ocio e, cada vez máis, reducido moedeiro.

 

 

Espalla o mal