Hoxe non podemos estar máis contentos. Despois de acometer a aventura de ir ao Culturgal con caseta propia, colaborar no Rock is Dead e facer posible que unha autora portuguesa da categoría de Fausta viñese até A Coruña a falar da súa obra e de como loitan en Portugal para que a literatura fantástica sexa algo máis que unha LIX, temos ante nós un remate de ano espectacular formando parte do xurado do I certame de contos de fantasía organizado por Curtas e o Concello de Vilagarcía de Arousa.
Aquí tedes toda a info, non deixedes pasar esta oportunidade de facer un chisco máis grande a literatura fantástica en galego.
Bases do I certame de contos de fantasía
Espalla o mal