Un terror de auga fría. Escolma da poesía galega do medo

16,00

Medos instintivos ou aprendidos, temores de base irracional ou de fundamento obxectivo, pánico e angustia, conforman unha parte do catálogo de variacións sobre o sentimento central que motivou a elaboración da escolma Un terror de auga fría, diferenzas marcadas tamén por claves de cerna cultural e condicionadas pola opción estética dos sucesivos períodos históricos e xeracionais.

A selección textual, realizada a partir do corpus da poesía galega desde o Rexurdimento e até hoxe mesmo, reúne un conxunto significativo e variado de poemas que expresan o sentimento do medo e non repara nin na maior ou menor importancia do papel histórico dos poetas escollidos nin na diferente consideración crítica que tales autores e autoras teñan atinxido. O antólogo cre que todos os poemas incluídos en Un terror de auga fría achegan unha visión singular e un alto valor estético e comunicativo. A razón fundamental da exclusión de determinados poetas que, con toda probabilidade, se botarán en falta, é a ausencia ou unha referencia mínima, sen valor significativo do campo semántico do Medo na súa escrita poética. A eles e a elas, como ao antólogo no labor de escolla, asístelles o dereito á liberdade de seleccionar entre as materias da experiencia e da cultura aquelas que máis propicias e necesarias resulten para a construción das poéticas propias.

Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788412288346
Número de páxinas 134
Data de publicación 09-2021
Category:
Author:

Author information

Xosé María Álvarez Cáccamo

Description

Medos instintivos ou aprendidos, temores de base irracional ou de fundamento obxectivo, pánico e angustia, conforman unha parte do catálogo de variacións sobre o sentimento central que motivou a elaboración da escolma Un terror de auga fría, diferenzas marcadas tamén por claves de cerna cultural e condicionadas pola opción estética dos sucesivos períodos históricos e xeracionais.

A selección textual, realizada a partir do corpus da poesía galega desde o Rexurdimento e até hoxe mesmo, reúne un conxunto significativo e variado de poemas que expresan o sentimento do medo e non repara nin na maior ou menor importancia do papel histórico dos poetas escollidos nin na diferente consideración crítica que tales autores e autoras teñan atinxido. O antólogo cre que todos os poemas incluídos en Un terror de auga fría achegan unha visión singular e un alto valor estético e comunicativo. A razón fundamental da exclusión de determinados poetas que, con toda probabilidade, se botarán en falta, é a ausencia ou unha referencia mínima, sen valor significativo do campo semántico do Medo na súa escrita poética. A eles e a elas, como ao antólogo no labor de escolla, asístelles o dereito á liberdade de seleccionar entre as materias da experiencia e da cultura aquelas que máis propicias e necesarias resulten para a construción das poéticas propias.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.