O morador da fenda

16,00

Primeiro volume da triloxía Os abismos da noite eterna de Roberto A. Rodrigues.

Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788493971243
Número de páxinas 301
Título orixinal Os abismos da noite eterna, vol. 1
Data de publicación 12-2011
Categories:,
Author:

Author information

Roberto A. Rodrigues

Roberto A. Rodrigues

(Matamá-Vigo, 1977) é Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo. É autor de diversos textos literarios, como relatos breves, pezas teatrais e novelas curtas. Autor habitual en Contos Estraños Pulp (As penas de Leopoldo Quintás, Expediente Sentulo...) publicou tamén na nosa editorial a triloxía Os abismos da noite eterna.

 

Roberto na Galipedia

 






Description

E chegou aquel día aciago no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle ao noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel polo que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terríbel das criaturas, un ser ao que ninguén ousou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda.

Todos estes males foron augurados polo mozo Balso, e por eles foi mil veces maldito, azoutado e torturado. Mais alguén coñece o poder do neno e envía un grupo de guerreiros na súa procura. Eles falaranlle dos Homes Sen Tempo, do Saber Antigo e do Reino de Asgra, onde as lendas contan que se atopan as Portas de Rogueldor. Xuntos emprenderán unha viaxe en busca de respostas.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.