O solpor dos deuses

16,00

Final da triloxía As Crónicas de Bran, unha historia de fantasía épica da man de Xosé Duncan.

Out of stock

Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788494297168
Número de páxinas 253
Data de publicación 03-2015
Categories:,
Author:

Author information

Xosé Duncan

Xosé Duncan

Autor de Taragoña, comezou escribindo para o proxecto Contos Estraños, no que participou en varios volumes con numerosos relatos. Colaborou tamén coas escolmas Contos no nicho, Sombras no berce, Tebras na alma e Contos do sacaúntos. Romasanta, o criminal. Como novelista, é autor da triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran (Contos Estraños, 2013-2015), tamén da obra de terror psicolóxico Hostal Norte (Urco, 2014) e Negruña (Urco, 2016) unha novela a cabalo entre o fantástico, o post-apocalíptico e o terrorífico.

Duncan na Galipedia




Description

Un solpor sempre remata coa luz devorada polo fusco, polas tebras que escorregan alén do firmamento. É a mesma escuridade que afoga a alma da Curuxa quen, a través das brétemas de Annwn, voa até o noso mundo para liberar a Bran do feitizo que o mantén prisioneiro.

Chega a fin dunha era, do tempo en que os deuses dominaban Alba. Mentres os ríos ardentes caen desde os ceos e a serra e o mar son devorados polas lumaradas, o espertar dos Cristais decidirá o destino da humanidade.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.