O Gran Magosto: o xogo de cartas do Apalpador

15,00

CREADOR: FERNANDO M. CIMADEVILA
ILUSTRACIÓNS: JOSÉ ÁNGEL ARES

O Apalpador e os seus amigos andan a organizar un gran magosto. Por iso precisan saír á fraga na procura de castañas. Quen conseguirá apañar máis? Neste xogo para toda a familia debedes valervos das incríbeis habilidades dos vosos personaxes favoritos para ser quen máis castañas apañe e acadar o título de Mestra Apañadora ou Mestre Apañador!

Out of stock

Categorías: , Etiqueta:
Espalla o mal

Book Information

Data de publicación 12-2016
Categories:,
Authors:,

Author information

Fernando M. Cimadevila

Fernando M. Cimadevila

Nado en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1977, é un escritor, editor e músico galego.

En novembro de 2011 uniuse a Tomás González Ahola, editor de Urco editora, para crear Contos Estraños, a primeira editora galega especializada en Fantasía, Terror e Ciencia-Ficción de autores galegos. É o autor da colección infantil As aventuras do Apalpador e da saga de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman.

Tamén foi finalista do Premio Desnivel coa súa novela de viaxes e investigación Acariciando el cielo. No seu tempo libre percorre o país como vocalista do grupo de rock Os John Deeres e dorme a sesta xunto ao seu gato Jim-Jim.

Ferni na Galipedia

 

José Angel Ares

José Ángel Ares

Naceu en Bilbao en 1979 e, na actualidade, reside en Santiago de Compostela. Ademais de ser o creador do grafismo da colección As aventuras do Apalpador, ilustrou os dous últimos volumes da triloxía As Crónicas de Bran e no 2013 dá o salto á BD profesional con Rosa y Javier, de Paco Hernández para Edicions De Ponent.

No 2014 participa en numerosos proxectos: a tira cómica na Internet de «Draw it yourself», bandas deseñadas breves para a antoloxía dixital Magnificent 7+1, ilustracións para diferentes frontes como o disco … On Stage de David Regueiro, a exposición na Universidad de Deusto «Lekuan-lekulo Mitoloxías», storyboards para a película El Desconocido, de Daniel de la Torre, e a súa segunda BD profesional Bitcoin: la caza de Satoshi Nakamoto, xunto a Josep Busquet para Dibbuks.

En 2015 repite con Busquet e realiza a súa terceira BD, Independencia?, alén de se encargar das portadas da liña xuvenil de Urco Editora.
Durante 2016 saíu á venda a súa cuarta BD: El rey de la Carretera, para Aleta Ediciones.

Description

O Apalpador e os seus amigos andan a organizar un gran magosto. Por iso precisan saír á fraga na procura de castañas. Quen conseguirá apañar máis? Neste xogo para toda a familia debedes valervos das incríbeis habilidades dos vosos personaxes favoritos para ser quen máis castañas apañe e acadar o título de Mestra Apañadora ou Mestre Apañador!

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.