Book Information
ISBN13 | 9788493971236 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 226 | |
Data de publicación | 06-2012 | |
Categories: | Narrativa, Novela | |
Author: | Fabián Plaza Miranda |
16,00€
Esta novela narra a viaxe iniciática dun aprendiz de xamán, acompañado polo seu mestre rosmón e a xornalista europea Jane por unha África moi particular. No seu periplo aparecerán personaxes tan estraños e dispares como Tartán o home mono e o seu chimpancé Chitón, o científico Frank N. Stein ou o sufridiño Angagua, o elefante; todos eles cun papel decisivo para lle axudar a recuperar o ídolo sacro da súa tribo.
Saltando dunha situación cómica a outra, o pintoresco trío de exploradores percorre unha curiosa parodia do Continente Africano co obxectivo de recuperar o ídolo e restablecer o equilibrio cósmico. Esta divertida ópera prima de Fabián Plaza non deixará indiferente a ninguén e arrincará dos lectores máis dunha, de dúas ou dunha morea de gargalladas.
Out of stock
ISBN13 | 9788493971236 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 226 | |
Data de publicación | 06-2012 | |
Categories: | Narrativa, Novela | |
Author: | Fabián Plaza Miranda |
(Madrid, 1973) é avogado de profesión e friqui de vocación. Descoñecedor da palabra "incoherente" (e de tantas outras) mesturou na súa vida cousas tan inconexas como as oposicións ao corpo Diplomático, facer de espía nun parque renacentista de Texas, aprender moitos idiomas, montar partidas de rol e ser membro do Colexio de Avogados Penal Internacional. É autor da guía divulgativa Diplomacia tomando un café (Editorial ECU, 2011), a novela Con otros ojos (Grupo Ajec, 2011) e diversos relatos, artigos e xogos de mesa que pululan pola Internet para que os poidan baixar eses piratas malvados que acabarán coa cultura mundial. Foi finalista dos premios Andrómeda (2008) e Minotauro (2010) e di que aínda non gañou o Nobel porque os suecos lle teñen manía.
Esta novela narra a viaxe iniciática dun aprendiz de xamán, acompañado polo seu mestre rosmón e a xornalista europea Jane por unha África moi particular. No seu periplo aparecerán personaxes tan estraños e dispares como Tartán o home mono e o seu chimpancé Chitón, o científico Frank N. Stein ou o sufridiño Angagua, o elefante; todos eles cun papel decisivo para lle axudar a recuperar o ídolo sacro da súa tribo.
Saltando dunha situación cómica a outra, o pintoresco trío de exploradores percorre unha curiosa parodia do Continente Africano co obxectivo de recuperar o ídolo e restablecer o equilibrio cósmico. Esta divertida ópera prima de Fabián Plaza non deixará indiferente a ninguén e arrincará dos lectores máis dunha, de dúas ou dunha morea de gargalladas.
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
Reviews
There are no reviews yet.