Galiza Mutante: Poder nuclear!

16,00

Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph’sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe.
O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo.

Categorías: , Etiquetas: ,
Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788494093517
Número de páxinas 320
Data de publicación 03-2013
Categories:,
Author:

Author information

Tomás González Ahola

Tomás V. González Ahola

Naceu en Cobres, Vilaboa, o 14 de febreiro de 1981 e polo momento aínda non ten pensado abandonar este mundo. Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou estudos de posgrao en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A súa inquietude, que ás veces chega a niveis próximos á enfermidade, levouno a aprender e exercer toda clase de oficios, como o de músico de verbena e sesión vermú, electricista non cualificado, editor idealista, impresor sen título e ultimamente, escritor de mentiras. No ano 2006 fundou Urco Editora, onde seica aínda traballa ás veces. En 2008 tamén foi responsábel do nacemento de Sacauntos Cooperativa Gráfica, unha imprenta que fornece de libros baratos a media industria editorial galega. En 2011, produto dunha insolación grave, decide fundar a empresa editorial Contos Estraños, xunto co escritor e colega Fernando M. Cimadevila, por se non lle chegaba cunha soa editora. A súa primeira novela, Galiza Mutante: Poder Nuclear! publicouse cun pé un Urco e outro en Contos Estraños, no ano 2013. Despois viñeron Alaia e a deusa (Urco 2014), Derradeiro bis en catro-corenta (Redelibros 2015) e Da fría e distante Estrela Polar (Urco 2016). Ultimamente pasa todo o tempo que o traballo lle permite na comarca de Fisterra, saltando entre os cons na procura dalgunha criatura mariña que se levar á boca e tecendo historias que oscilan entre o arrepío e o espanto. Así e todo, sabe que nun futuro non moi afastado as autoridades acabarán por prendelo e recluílo nun zoolóxico tras dun cartaz de advertencia que poña «Non dean de comer aos escritores».

 

Tomás na Galipedia

Description

Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph’sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe.
O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.