Contos Estraños, v. 08: O choque dos mundos

12,00

E se dous mundos completamente distintos mais unidos por elos invisíbeis se aproximasen tanto como para iniciaren un proceso de colisión inexorábel?
Sería grandioso podermos velo desde a nosa cadeira de brazos, tomando uns petiscos quizais e gozando desa botella de viño celosamente gardada e, como non, convenientemente cuberta de po.
No eido da literatura, vivimos nun momento semellante, só que, se cadra, non nos decatamos (ou será que non nos queremos decatar?). Os vellos paradigmas reséntense, renxen ante a entrada do novo. Cantidades inxentes de información, de historias e relatos que nin en dez mil vidas poderiamos ler, amoréanse a diario nas novas redes, nas vellas librarías que cheiran a papel e a tinta.
Seremos engulidos por esa voráxine? Acabaremos feitos cachizas entre o veloz martelo do dixital e a rexa bigornia da tradición? Quen o sabe? Porén, temos unha cousa clara:
Contos Estraños está de volta.

Categoría:
Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788415699828
Número de páxinas 190
Data de publicación 09-2015
Category:

Author information

Description

E se dous mundos completamente distintos mais unidos por elos invisíbeis se aproximasen tanto como para iniciaren un proceso de colisión inexorábel?
Sería grandioso podermos velo desde a nosa cadeira de brazos, tomando uns petiscos quizais e gozando desa botella de viño celosamente gardada e, como non, convenientemente cuberta de po.
No eido da literatura, vivimos nun momento semellante, só que, se cadra, non nos decatamos (ou será que non nos queremos decatar?). Os vellos paradigmas reséntense, renxen ante a entrada do novo. Cantidades inxentes de información, de historias e relatos que nin en dez mil vidas poderiamos ler, amoréanse a diario nas novas redes, nas vellas librarías que cheiran a papel e a tinta.
Seremos engulidos por esa voráxine? Acabaremos feitos cachizas entre o veloz martelo do dixital e a rexa bigornia da tradición? Quen o sabe? Porén, temos unha cousa clara:
Contos Estraños está de volta.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.