Contos Estraños, v. 07: Encontros na terceira era

12,00

Durante moito tempo estivemos a buscar, na procura dese algo que había dar sentido ao que faciamos. Fechamos un círculo, convencidos de que o tempo era chegado, e abrimos outra porta, mais non achamos o obxectivo dos nosos desexos. Esa arela que aniñaba nos nosos corazóns non se apazugou, senón que seguiu mordendo pel, carne, óso e alma.
E chegou o encontro, a xuntanza, con antigos amigos que sempre estiveran aí. Tamén o encontro con nós mesmos, coa nosa esencia máis orixinal.
Ábrese un novo ciclo en Contos Estraños, unha volta ás orixes na que, á fin, nos consideramos de volta na casa.
Neste volume preséntanse unha serie de relatos de vellos camaradas e novas compañeiras que se cruzaron no noso vieiro. Xuntos habemos camiñar de novo, reencontrados nunha idade que é, a un tempo, a nosa madurez e a nosa infancia.

Categoría:
Espalla o mal

Book Information

Número de páxinas 200
Data de publicación 03-2015
Category:

Author information

Description

Durante moito tempo estivemos a buscar, na procura dese algo que había dar sentido ao que faciamos. Fechamos un círculo, convencidos de que o tempo era chegado, e abrimos outra porta, mais non achamos o obxectivo dos nosos desexos. Esa arela que aniñaba nos nosos corazóns non se apazugou, senón que seguiu mordendo pel, carne, óso e alma.
E chegou o encontro, a xuntanza, con antigos amigos que sempre estiveran aí. Tamén o encontro con nós mesmos, coa nosa esencia máis orixinal.
Ábrese un novo ciclo en Contos Estraños, unha volta ás orixes na que, á fin, nos consideramos de volta na casa.
Neste volume preséntanse unha serie de relatos de vellos camaradas e novas compañeiras que se cruzaron no noso vieiro. Xuntos habemos camiñar de novo, reencontrados nunha idade que é, a un tempo, a nosa madurez e a nosa infancia.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.