Contos Estraños, v. 02: Xornada fantástica

12,00

Nesta nova parada polo mundo do fantástico chegamos aos reinos das lendas, lugares onde se erguen torres de marfil e onde seres feéricos murmuran vellas cancións do comezo dos días no máis fondo das fragas sagradas. Os cabalos baten os cascos nun repenicar heroico e as hostes da luz camiñan coas penas dos helmos ao vento e as lanzas prestas para se enfrontaren ás hordas do mal.
Desta volta, os editores e autores de Contos Estraños queremos render unha sincera homenaxe a J.R.R. Tolkien, pai da fantasía épica moderna e autor dalgunhas das obras máis inspiradoras da literatura do século XX.
Benquerido lector ou lectora, velaquí tes a nosa man, cóllea e comparte connosco a nosa particular Xornada Fantástica.

Categoría:
Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788493971274
Número de páxinas 205
Data de publicación 06-2012
Category:

Author information

Description

Nesta nova parada polo mundo do fantástico chegamos aos reinos das lendas, lugares onde se erguen torres de marfil e onde seres feéricos murmuran vellas cancións do comezo dos días no máis fondo das fragas sagradas. Os cabalos baten os cascos nun repenicar heroico e as hostes da luz camiñan coas penas dos helmos ao vento e as lanzas prestas para se enfrontaren ás hordas do mal.
Desta volta, os editores e autores de Contos Estraños queremos render unha sincera homenaxe a J.R.R. Tolkien, pai da fantasía épica moderna e autor dalgunhas das obras máis inspiradoras da literatura do século XX.
Benquerido lector ou lectora, velaquí tes a nosa man, cóllea e comparte connosco a nosa particular Xornada Fantástica.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.