A revolta dos mestres

16,00

Primeiro volume da triloxía As Crónicas de Bran, unha historia de fantasía épica da man de Xosé Duncan.

Espalla o mal

Book Information

ISBN13 9788494093524
Número de páxinas 241
Data de publicación 03-2013
Categories:,
Author:

Author information

Xosé Duncan

Xosé Duncan

Autor de Taragoña, comezou escribindo para o proxecto Contos Estraños, no que participou en varios volumes con numerosos relatos. Colaborou tamén coas escolmas Contos no nicho, Sombras no berce, Tebras na alma e Contos do sacaúntos. Romasanta, o criminal. Como novelista, é autor da triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran (Contos Estraños, 2013-2015), tamén da obra de terror psicolóxico Hostal Norte (Urco, 2014) e Negruña (Urco, 2016) unha novela a cabalo entre o fantástico, o post-apocalíptico e o terrorífico.

Duncan na Galipedia




Description

A maxestosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha vida miserábel nas minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue. Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra da Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara á cidade de Elawei. A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades.
Deste xeito comezan as crónicas de Bran e a súa viaxe até a Terra de Alba, onde o agarda o máis misterioso dos destinos.

Espalla o mal

Reviews

There are no reviews yet.

Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.