Book Information
ISBN13 | 9788416121625 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 64 | |
Data de publicación | 12-2016 | |
Categories: | As aventuras do Apalpador, Infantil | |
Authors: | Fernando M. Cimadevila, José Angel Ares |
12,00€
Nas últimas noites Noa está a ter uns soños moi misteriosos. Todo semella virar arredor do abrigo máxico que lle agasallou a súa avoa. Chegou o momento de descubrir o que significa ser a Gardiá do Inverno e, xunto os seus amigos, o Apalpador e mais o elfo Din-Don, afrontar a proba definitiva na torre encantada dos Gardiáns.
Out of stock
ISBN13 | 9788416121625 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 64 | |
Data de publicación | 12-2016 | |
Categories: | As aventuras do Apalpador, Infantil | |
Authors: | Fernando M. Cimadevila, José Angel Ares |
Nado en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1977, é un escritor, editor e músico galego.
En novembro de 2011 uniuse a Tomás González Ahola, editor de Urco editora, para crear Contos Estraños, a primeira editora galega especializada en Fantasía, Terror e Ciencia-Ficción de autores galegos. É o autor da colección infantil As aventuras do Apalpador e da saga de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman.
Tamén foi finalista do Premio Desnivel coa súa novela de viaxes e investigación Acariciando el cielo. No seu tempo libre percorre o país como vocalista do grupo de rock Os John Deeres e dorme a sesta xunto ao seu gato Jim-Jim.
Naceu en Bilbao en 1979 e, na actualidade, reside en Santiago de Compostela. Ademais de ser o creador do grafismo da colección As aventuras do Apalpador, ilustrou os dous últimos volumes da triloxía As Crónicas de Bran e no 2013 dá o salto á BD profesional con Rosa y Javier, de Paco Hernández para Edicions De Ponent.
No 2014 participa en numerosos proxectos: a tira cómica na Internet de «Draw it yourself», bandas deseñadas breves para a antoloxía dixital Magnificent 7+1, ilustracións para diferentes frontes como o disco … On Stage de David Regueiro, a exposición na Universidad de Deusto «Lekuan-lekulo Mitoloxías», storyboards para a película El Desconocido, de Daniel de la Torre, e a súa segunda BD profesional Bitcoin: la caza de Satoshi Nakamoto, xunto a Josep Busquet para Dibbuks.
En 2015 repite con Busquet e realiza a súa terceira BD, Independencia?, alén de se encargar das portadas da liña xuvenil de Urco Editora.
Durante 2016 saíu á venda a súa cuarta BD: El rey de la Carretera, para Aleta Ediciones.
Nas últimas noites Noa está a ter uns soños moi misteriosos. Todo semella virar arredor do abrigo máxico que lle agasallou a súa avoa. Chegou o momento de descubrir o que significa ser a Gardiá do Inverno e, xunto os seus amigos, o Apalpador e mais o elfo Din-Don, afrontar a proba definitiva na torre encantada dos Gardiáns.
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
Reviews
There are no reviews yet.