Book Information
ISBN13 | 9788415699811 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 233 | |
Data de publicación | 06-2015 | |
Categories: | Novela, Os abismos da noite eterna | |
Author: | Roberto A. Rodrigues |
16,00€
Terceiro volume da triloxía Os abismos da noite eterna de Roberto A. Rodrigues.
Out of stock
ISBN13 | 9788415699811 | |
---|---|---|
Número de páxinas | 233 | |
Data de publicación | 06-2015 | |
Categories: | Novela, Os abismos da noite eterna | |
Author: | Roberto A. Rodrigues |
(Matamá-Vigo, 1977) é Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo. É autor de diversos textos literarios, como relatos breves, pezas teatrais e novelas curtas. Autor habitual en Contos Estraños Pulp (As penas de Leopoldo Quintás, Expediente Sentulo...) publicou tamén na nosa editorial a triloxía Os abismos da noite eterna.
Alén das fronteiras do Muro a escuridade medra acubillada nun inverno implacábel. A Besta agóchase ladina agardando a súa quenda de comezar a arrasar a vida, namentres a desesperación, a desconfianza e un horror profundo comezan a lañar os espíritos dos guerreiros máis denodados. Balso caeu. Nada se sabe el, agás que foi engulido por unha escuridade famenta. Graguel, o Custodio do Saber Antigo, partiu cara ao sur na compaña de Príamo, rei de Teno, e do valoroso gadeón Terán na procura incerta de forxar unha alianza esquecida por milenios. Atir, a afouta guerreira da Fraga Insondábel, atravesou a derradeira fronteira do norte na compaña de ardénligos, baranos, mestos e ódalos, nun intento desesperado de minguar o poder da Besta antes de que a súa maldade torne invencíbel. Airem, princesa de Asgra, atravesa Alianza de sur a norte cunha longa e tenebrosa sombra atoldando o seu corazón aterrecido. Namentres Barondor, o traidor de Helémodo, axexa con ollos carniceiros a chegada das patéticas forzas aliadas, relambéndose de pracer ao ventar no seu maxín perverso o olor do sangue inminente. A batalla decisiva achégase. Luz contra escuridade. É a hora de loitar, É a hora de sangrar, é a hora de morrer… para que a vida poida vivir.
Only logged in customers who have purchased this product may leave a review.
Reviews
There are no reviews yet.