Volve o Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, como todos os anos con moita actividade para pequenas a maiores. Este ano o título é "Canta bichería!"
Martinho Terrafria é un paisano fuxidío, deses que non gustan das cámaras e dos eventos sociais. Así e todo, leva moito tempo observando e interactuando co mundo editorial, a saber con que malvado propósito.
Porén, unha vez púidolle o seu ego desmesurado e cometeu un único desliz que fixo público o seu nome: a publicación da colección infantil "Os libros da merenda" (Urco editora 2014), en colaboración co seu camarada o ilustrador Vladimir Zatonski. A día de hoxe ninguén coñece o seu paradoiro, nin sequera os administradores deste web.