Presentación do libro infantil "Sira e o robot. Adventures on Titan"
2 Febreiro, 2016 –
Biblioteca Pública Ánxel Casal
Xoan XXIII, s/n
Santiago de Compostela, 15704
Presentación do libro "Sira e o robot. Adventures on Titan" de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira, con Presentación-concerto no que os autores interpretarán contos e cancións do seu libro orientado ao ensino infantil en lingua inglesa. As ilustracións son de Iván Sende.
Sinopse
"Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade."