16 Xaneiro, 2016
Sábado, 16 de Xaneiro de 2016 as 20 horas no círculo Saviñao (rúa Pardo Bazán,17 de Escairón)
O acto, que contará coa participación de Henrique Sampil, Manuel Bragado e o autor, terá lugar o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, 2016, ás 20,00 horas no Círculo Saviñao, rúa Pardo Bazán, 17 de Escairón.
Sinopse da novela "Izan o da saca"
O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.
O autor, Xavier Quiroga
Xabier Quiroga Díaz, nado no Saviñao o 9 de maio de 1961, é un escritor galego, irmán do tamén escritorCarlos Quiroga. Licenciado en Filoloxía galega, é profesor de lingua e literatura galega no IES Laxeiro de Lalín. A súa primeira novela,Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais en 2001.
Ligazón: Xavier Quiroga Bio .