Martes, Setembro 26, 2017

Presentación O último día en Terramar

O escritor Manuel Rivas presenta o seu último libro, O último día de Terranova, este xoves, día 28 de xaneiro, ás 20.00 h, na Biblioteca Rego da Balsa. Estará acompañado polo editor Manuel Bragado e polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Esta última novela do autor galego actual máis prestixiado, lido e traducido, baséase nos últimos días da Libraría Terranova, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente.

Presentación Fontán de Marcos Calveiro
Presentación "En tiempo de halcones" de Fran Zabaleta