Epitafios

Eis unha selección de fragmentos dos relatos escritos pola xente impía que colabora na nosa revista e que, por algún motivo estraño, escolleron para que perduren na nosa memoria colectiva. Actualizaremos este artigo cada luns, mentres queden colaboradores con vida e con ánimo de partillar as súas neuras connosco…

Agroterror con Botana, Duncan e Rodrigues

David Botana e Roberto A. Rodrigues son dous dos meus máis queridos compañeiros na aventura do proxecto Contos Estraños. Ao longo dos catro anos de andaina da, chamada por algúns, Xeración Estraña, compartimos moitos bos momentos, moitas frustracións e varios cabreos. Supoño que o típico nesta relación tóxica d@s autor*s coas …