Duncan en Recendo de Cuac FM

Somos xente con tendencia aos medios (de comunicación, enténdese) e que gustamos máis dun micrófono que un psicópata dunha motoserra. Por mor diso, e doutros motivos menos confesábeis, fomos onte convidados ao programa Recendo de Cuac FM. Para quen non o coñeza, é o magazine cultural radiofónico da Agrupación Cultural …

Entrevista a Violeta González

Quen es e que relación tes coa literatura e, sobre todo, no eido da fantasía? Chámome Violeta e desde hai xa un tempo escribo relatos, tanto de ciencia ficción como doutros temas. Comecei escribindo relatos de medo, e aínda que non terminei ningún, sempre gustei de contarme historias a min …

Entrevista a Xurxo Esquío

Xurxo Esquío participa no número 11 da nosa revista, ‘A rebelión de Prometeo’, cunha satírica crítica ás relixións e á dependencia do sistema da súa existencia para maior control da sociedade, O nacemento dos deuses. Isto que tedes a continuación é a entrevista que facemos de xeito voluntario ás novas …

Entrevista a Alba Rozas Arceo

Alba Rozas Arceo participa no número 11 da nosa revista, ‘A rebelión de Prometeo’, cun exquisito relato de fantasía épica, A dama do corazón negro. Isto que tedes a continuación é a entrevista que facemos de xeito voluntario ás novas incorporacións da nosa familia estraña. Quen es e que relación …

O cubil das letras de… “Jorge Emilio Bóveda”

Meu cubil está na bufarda da casa na que vivo. Ten andeis con  libros non rigorosamente clasificados inda que sigan unha disposición de certa lóxica. Amoreo libros en galego, inglés, portugués e castelán, e meus temas predilectos son a historia, divulgación científica, narrativa galega, narrativa española dende o século XVIII …

Agroterror con Botana, Duncan e Rodrigues

David Botana e Roberto A. Rodrigues son dous dos meus máis queridos compañeiros na aventura do proxecto Contos Estraños. Ao longo dos catro anos de andaina da, chamada por algúns, Xeración Estraña, compartimos moitos bos momentos, moitas frustracións e varios cabreos. Supoño que o típico nesta relación tóxica d@s autor*s coas …