Fabián Plaza Miranda
Fabián Plaza
(Madrid, 1973) é avogado de profesión e friqui de vocación. Descoñecedor da palabra “incoherente” (e de tantas outras) mesturou na súa vida cousas tan inconexas como as oposicións ao corpo Diplomático, facer de espía nun parque renacentista de Texas, aprender moitos idiomas, montar partidas de rol e ser membro do Colexio de Avogados Penal Internacional. É autor da guía divulgativa Diplomacia tomando un café (Editorial ECU, 2011), a novela Con otros ojos (Grupo Ajec, 2011) e diversos relatos, artigos e xogos de mesa que pululan pola Internet para que os poidan baixar eses piratas malvados que acabarán coa cultura mundial. Foi finalista dos premios Andrómeda (2008) e Minotauro (2010) e di que aínda non gañou o Nobel porque os suecos lle teñen manía.
Amosando o único resultado