Ben, pois xa están aquí os relatos, poemas e ilustracións seleccionados para o novo número da revista. Repetimos, máis unha vez, o mesmo que en anteriores ocasións: vaia por diante a nosa gratitude a toda a xente que enviou os seus traballos. Recoñecemos que todo texto leva o seu esforzo e tempo e nada nos gustaría máis que poder publicar todo o material que nos chega, mais o espazo da revista é limitado e con esa limitación temos que xogar.
Continuamos coa nosa teima de promover todas as artes friquis: relatos, ilustracións e poemas. Veredes que hai unha baixada no número de poemas. Non é que rexeitemos máis, é que chegan menos. Animámosvos a enviarnos poesía. Queremos e necesitamos poesía fantástica, gótica, vitoriana, escura e desacougante. Poetas, tedes as portas abertas. Non nos imos repetir de novo, mais o mesmo lles pedimos a artistas da imaxe que queiran perderse en páramos impíos e fedentos.
Eis o material seleccionado:
Relato
Eva Moreda – O examinador
Xosé R. Cortés – O asteroide
Roberto A. Rodrígues – A (…) invasión dos Pampíns
Eva Moreda – O presente
Josep Mª Tudela Navarro – Unha exploración rutineira
Luís Filipe Silva – Non é o que ignoras (…), mas o que pensas saber
Manuel Ángel Gayoso – Orquestra Cascuda
Xerardo Méndez – Setestrelo
Marcos López Concepción – Ovo
Ilustración
Manoel da Costa
Violeta González
Poesía
Jonathan Costas – Polar
Ramiro Torres – Visitante do alén
Nuria Otero – A nosa luz