Pois si, un ano máis estaremos no Pazo da Cultura de Pontevedra na feira máis importante da cultura galega. Iremos con expositor propio, o número 17:
No noso espazo poderedes atopar toda a colección das Aventuras do Apalpador, a triloxía Os abismos da noite eterna, as Aventuras de Margaret White, Galiza Mutante, Poder Nuclear!, a triloxía As crónicas de Bran e, por suposto, todos os números da nosa revista.
As novidades non poden faltar e levaremos o número 11 da nosa revista ‘A rebelión de Prometeo’.
Este número é o primeiro da nosa independencia e de Contos como Asociación Cultural sen Ánimo de Lucro.
Tamén é o número con maior colaboración de poesía, o que conten o primeiro relato dunha das nosas ‘junior’ (xente creadora de menos de 15 anos) e, por se fose pouco, a ilustración ten o seu propio apartado e protagonismo. Esperamos, de corazón, que isto se manteña e que non deixemos de contar con estas aportacións multidisciplinares en vindeiros números.
Porén, a gran sorpresa será a nova colección xuvenil para +12anos, ‘10.000 mutantes!”. Queremos chegar a 10.000 almas libres, a 10.000 mentes famentas de literatura e fantasía e que mellor xeito de facelo que co último libro de Fernando M. Cimadevila. O creador de Basilius Hoffman preséntanos a Noa e ás súas aventuras nesta distopía post-apocalíptica.
Lembrade, a primeira fin de semana de decembro 😉
Aquí tedes o sitio oficial do Culturgal con toda a información sobre o evento: