Selección para ‘A rebelión de Prometeo’

Ben, pois xa están aquí os relatos, poemas e ilustracións seleccionados para o novo número da revista. Vaia por diante a nosa gratitude a toda a xente que enviou os seus traballos. Nada nos gustaría máis que poder publicar todo o material que nos chega, mais o espazo da revista é limitado e con esa limitación temos que xogar.

Como veredes, puxemos en marcha varias mudanzas respecto a números anteriores. A revista terá agora tres seccións diferenciadas: relatos, ilustracións e poemas. Talvez o que máis destaque sexa que as ilustracións non van subordinadas aos relatos e que teñen o seu propio proceso de selección e o seu propio apartado. Xa sabedes, artistas da imaxe, contamos con vós en vindeiras convocatorias porque queremos promover a escena gráfica galega do mesmo xeito que o queremos facer coa literatura fantástica.

Falando de literatura, unha cousa que nos encheu de ledicia foi ver a gran cantidade de poemas que nos enviastes. Desexamos que iso non decaia e que se manteña nos seguintes números.

E falando de promover, entra nesta convocatoria a nosa primeira ‘junior’, a nosa primeira escritora menor de 15 anos. Unha marabilla que nos devolve a fe na literatura fantástica galega, na literatura fantástica adulta.

Non vou demorar máis a listaxe (malia que temo que a maioría de vós xa pasou do meu speech e foi directamente a aló embaixo). Convócovos a que nos fagades unha visita no Culturgal deste ano, ao que iremos con stand propio (buscade por Contos Estraños), e que coñezades de primeira man este novo número da revista. Xaora, contamos con que todas estas mentes creativas que foron seleccionadas pasen polo seu exemplar e partillen conversa, infusións, cervexas ou licorK no stand.

Parabéns!

Relato

Marcos López Concepción – A filla das Insectas
Roberto A. Rodrigues – Chincha rabiña
Lois Z – Pantomina
David Botana – Unha fantasía
Alba Rozas Arceo – A dama do corazón negro
Xurxo Esquío – O nacemento dos deuses
Jorge Emilio Bóveda – A resurrección de Herminio Espada
Xosé Carlos Carracedo Porto – Universos
Manuel Ángel Gayoso – O neno melón
Violeta González – As verdades
Santiago Bergantinhos – Eles gritaron o meu nome

Ilustración

María Montes
Lúa Campos (QR en poema)

Poesía

Andrea Fernández Maneiro – Delirium
Jonathan Costas – I e II
Miguel Ángel Alonso Diz – Epitafio dun deus
Laura Rey Pasandín – Metamorfose da memoria
Lúa Campos – Simbiose
Artemisa Semedo – O lume roubado
Ramiro Torres – Prometeu

Espalla o mal

Deixa unha resposta